Unha cita coa lectura (21): Usuarios de biblioteca

“- Rulfo, Juan – pediu María, bulebule, un pouco.
O bibliotecario escribiu no ordenador. Cando apareceu a información na pantalla:
– Só temos dous – dixo tristeiro, coma se fora a súa culpa.
– Este – Sinalou María un dos dous.”

Un tramvia a SP, de Unai Elorriaga (p. 36)

Pareceume divertido este diálogo que aparece no libro de Unai Elorriaga. Polas mans dos bibliotecarios e bibliotecarias pasan moitos títulos e resulta imposíbel ter o coñecemento xeral do que ten o noso fondo bibliográfico, por máis pequeno que sexa.  Non obstante, é ben certo que lembrar a produción literaria de Juan Rulfo require pouco. Outro detalle simpático: como María pregunta polo autor: apelido, nome. Unha usuaria avantaxada, sen dúbida.

Un saúdo dende A lei de Lem para tódolos/as compañeiros/as das bibliotecas.

Elorriaga, Unai Un Tramvia a SP (tradución de Pau Joan Hernàndez) Barcelona: Proa, 2003. 142 p. 21 cm. (A tot vent: 407) ISBN 978-84-8437-567-8

Aínda que eu lin esta novela en catalán, existe unha edición en galego traducida por Ramón Loureiro.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Citas coa lectura coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s