Un valente que caeu

Era unha bolsa que tiña nunha cesta xunto con outras que reutilizo coma bolsa de lixo e demais. Mais axiña a vin deume de conta que agora tiña outro valor. Trátase dunha bolsa da desaparecida libraría Outsider, situada primeiro na rúa Provença, na rúa Còrsega despois, mais sempre no barrio. Outsider era unha libraría de xénero, especializada en narrativa popular. Ciencia ficción, erótica, aventuras, policial, banda deseñada…. estes eran os “nomes” do seus andeis. A súa desaparición é unha perda que lamento. E certo que en Barcelona podemos atopar moitas e boas librarías, mais parécense cada vez máis ás librarías anglosaxonas, de xeito franquía, e todas situadas no centro da cidade. Outsider era unha libraría única no seu estilo e dáballe un toque de calidade ao barrio. Penso de verdade que a aventura de poñer un negocio coma este é, entre moitas cousas, un acto de valentía.

Hai uns dias vin, informado pola miña moza, un local na rúa Sant Antoni Maria Claret que anuncia a vindeira apertura dunha libraría. Aínda pechada, é un local pequeno, de moblaxe branco e cunha cita de Quevedo que ocupa o espazo polo intre baleiro. Pensar que podería ser o rapaz ao mando da antiga Outsider é só unha imaxinación miña. Mais pensando que o rapaz era sen dúbida un libreiro vocacional que sabe…. se cadra sexa un valente que se volve alzar.

Sexas un(ha) Outsider ou non, sorte.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Desatinos coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s