‘Ollos de Auga’, de Domingo Villar

– Un lector convidado: Lluís Salvador –

A novela negra creou os seus propios modelos, e un dos perpetuados, ao meu xuízo erroneamente, é que era urbana. Tan urbana que só as grandes cidades podían ser escenario dunha boa novela negra, ao parecer sendo a teórica que só as grandes urbes (Nova York, Los Angeles, Londres, Madrid, Barcelona, etc) posuían ambientes variados e o bastante sórdidos e organizados como para proporcionar un bo escenario. En contraposición, existía unha novela negra de tipo rural, situada en cidades pequenas, polo xeral representadas coma pacíficas, tranquilas, case “durmidas”; nestes casos, o delito era invariablemente descrito como un elemento de distorsión presente aínda que desagradable, un feito que era preferible non ver ou descubrir, non fose caso que viñese turbar a ficción de tranquilidade. Cuestión de clixés

Con todo, nos últimos tempos, a actitude cambiou: as pequenas cidades teñen a súa ración de crimes violentos, e toda poboación mantén o seu equilibrio ecolóxico-criminal propio, a súa propia idiosincrasia. Camilleri e máis Mankell son os paradigmas deste cambio, que permite unha relación peculiar cos personaxes das súas novelas, máis persoais, máis encaixados nun ambiente propio e próximo aos seus concidadáns.

Domingo Villar, co seu inspector Leo Caldas, non explota por completo estas posibilidades, pero si que nos traslada a un Vigo que merece a súa propia historia policial e a unhas xentes que teñen un carácter tan notable como a sociedade siciliana, a do sur de Suecia, a escocesa ou os melting-pots estadounidenses, madrileños ou barceloneses.

Trátase dunha primeira novela, na cal Leo Caldas, acompañado do “mula sanchopancesca” Rafael Estévez, ten que enfrontarse á resolución do asasinato dun saxofonista de ollos moi claros, uns Ollos de Auga, no que parece un crime pasional realizado cunha crueldade excesiva e cun método estrambótico, pero que leva consigo máis enigmas do que parece.

Villar domina os modelos do xénero, e o resultado é máis que satisfactorio, aínda que algo tímido. Un pouco máis de presenza da poboación viguesa e o seu carácter será de agradecer en futuras entregas, pero a existencia destes modelos, un adecuado e fino sentido do humor e unha trama interesante son xa motivos como para que Villar sexa un autor que merece a pena seguir. Consideracións argumentais separadamente, o seu personaxe Leo caldas ten todos os números para converterse nun deses detectives que entran con peso e personalidade propia no imaxinario da novela criminal contemporánea. E, insisto, para unha primeira novela, non é cousa para nada desprezábel.

Franciso Ortiz tamén leu Ollos de auga.

Este escrito é a traducción ao galego de Daniel Gonzalez do texto que Lluís Salvador escribiu no seu blog Lecturas errantes.

Villar, Domingo. Ollos de auga. Vigo: Galaxia, 2007. 240 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 233) ISBN 978-84-8288-927-6.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Ollos de auga, Salvador-Lluís, Villar-Domingo. Ligazón permanente.

3 Responses to ‘Ollos de Auga’, de Domingo Villar

  1. Lluís Salvador di:

    Hola, y gracias por publicarme la entrada en tu blog. Siempre es bueno verse uno en otras lenguas.
    Me gustaría destacar algo de Ollos de Auga desde la perspectiva de A Praia dos Afogados, y es que, como lectores, estamos teniendo el gran privilegio de asistir al nacimiento y evolución de un gran personaje de la literatura policial ibérica, como es Leo Caldas. En efecto, recuerdo el Sherlock Holmes de Estudio en Escarlata y de cómo queda suavizado y mediatizado en los relatos posteriores de Conan Doyle; La Forma del Agua, de Camilleri, la primera aventura de Salvo Montalbano, y cómo se irá conformando poco a poco su universo. Lo mismo sucede con Domingo Villar y su Vigo, que se va ampliando, y sus personajes que se van concretando (y humanizando, en el caso de Rafael Estévez). No es un fenómeno extraño, pero sí uno sutil, que huye del estereotipo para adentrarse en la encarnación literaria. Para mí, pocos personajes de la literatura policial o negra españoles poseen la calidad intrínseca en su evolución que tiene Leo Caldas (el inspector Méndez, de González Ledesma, es caso aparte, y proviene de mucho antes); no voy a citar nombres, pero, por muy atractivos que sean, tengo la impresión de que son faltantes en algo, y en cambio Villar consigue darnos a alguien creíble desde el primer día, y hacerlo crecer desde la primera novela. Es, repito, un gran privilegio para los lectores. E indicio de una gran serie, que ojalá tenga mayor continuidad.
    Gracias por todo, y disculpad mi falta de gallego (escrito).
    Un saúdo!

    Gústame

  2. Dani di:

    Benvido Lluís,

    Agradézote esta contextualización de Leo Caldas entre outros personaxes do xénero. Eu non lin moita novela policial e non podería facer esta valoración. Máis si podo dicir que estou seguro que Domingo Villar fai novela negra para falar da súa entorna e coa vista lonxe do estereotipo. (Explicábao el mesmo nunha charla nunha biblioteca na pasada “BCNegra”).

    Celebro que A praia dos afogados sexa como dis. É unha lectura que aínda teño aparcada, pero que vou encamiñar cedo. Eu lin Ollos e auga con moita delicia. Atopei algunhas opinións nalgúns blogues e decepcionoume un pouco comprobar que este autor é recibido con frialdade. Se cadra pensan deste xeito porque teñen moitas máis referencias, en tanto que “lectores de xénero”, coas que comparar os casos do noso detective. Isto é por suposto unha opinión.

    Grazas Lluís polo teu comentario e máis por me deixar traducir aquí o teu escrito sobre Ollos de auga.

    Até pronto.

    Dani

    Gústame

  3. Pingback: ‘A praia dos afogados’, de Domingo Villar | a lei de Lem

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s