Evolución, de Stephen Baxter. Libro III: descendientes

Esta é a terceira (1) e última parte da novela, que transcorre xa no futuro. Deixa así de ser unha ficción da historia da vida que coñecemos para pasar a ser un relato de ciencia ficción máis “típico”. A partir de aquí tódolos elementos son froito da imaxinación do autor. Esta terceira parte gustoume moito menos que as dúas anteriores, pero non escangallan o que teñen de bo as dúas primeiras.

Un reducido grupo de humanos (militares) espertan dunha hibernación nun xeito de búnker na absoluta soidade producida por unha catástrofe a escala planetaria e que fai que sexan os derradeiros da especie. Entre eles, unha muller que se nega a ser a nova nai da humanidade. Un planeta Marte destruído pola competencia entre robots levados no seu momento polos humanos. Depredadores especializados até o punto de ser invisibles antes de capturar algunha presa porque as primeiras etapas do proceso de dixestión delátaos. “Post-humanos” que viven en simbiose pero con dependencia de árbores ás que inevitablemente teñen que volver para continuar vivindo. Esta parte contén unha serie de relatos que ofrecen unha evolución alternativa imaxinada por Baxter.

Quizais foi este cambio o que non me gustou. Eu estaba inmerso na ficción biolóxica das páxinas precedentes. Ademais, hai un detalle que entendo é incorrecto. Refírome aos elementos de psicoloxía evolutiva que podemos atopar na narración. O autor fálanos de que “era mellor ter nenos pola noite” (páx. 392) porque pola noite había menos presión dos depredadores e isto perdurara (”había medos atávicos gravados no xenoma” páx. 427). Creo que o autor considera a posibilidade de que a análise dos problemas de adaptación dos humanos en épocas anteriores e temperás poida ter conexión e ofrecer coñecemento sobre a mente dos humanos actuais ou posteriores. Moito me temo que isto se demostrou falso.

Hai un detalle moi lindo. A homenaxe pouco camuflada a H.G. Wells e á súa máquina do tempo. Xusto é dicir que Stephen Baxter é autor dunha secuela “autorizada” (3) deste clásico. Unha das protagonistas “post-humanas” leva o nome de “Weena” (páx. 419), que é o nome do Eloi no devandito título..

O último aspecto que quero comentar é a evolución da conciencia tal como se mostra na novela. Este é un dos fíos que une unha historia detrás a outra. Móstrasenos aquí como fonte de reflexión por parte dunha das protagonistas ante o malogrado feito do medio ambiente, que convencida das potencialidades da tecnoloxía proba de convencer da posibilidade de enderezar unha situación ambiental case irreversible. Esta mensaxe ecoloxista é unha das moitas que podemos atopar en todo este puñado de historias onde a evolución é a protagonista presente en todas elas.

(1) A primeira parte desta novela comenteina o dia 26 de xaneiro. A segunda o fixen o 27 de febreiro.

(2) Buller, David J. Cuatro falacias de la psicología evolutiva en Investigación y ciència. Gener 2009. Núm 388. p 58-65.

(3) Baxter, Stephen (1996) Las naves del tiempo (The time ships. 1995) Trad: Pedro Jorge Romero. Barcelona: Ediciones B. 15 x 23 cm, 424 p. (Nova Éxito: 11) ISBN: 84-406-6788-4.

Capacitor Fantástico e máis Eric Novello tamén leron Evolución.

O autor participa no blog colectivo do club de lectura ciència Bib. Les Corts Miquel Llongueras. Neste blog apareceu a  primeira versión deste escrito.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Baxter-Stephen, Evolución coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s