Made in Galiza, de Séchu Sende

Este libro foi o meu agasallo de San Xurxo para min mesmo. Nin da sinopse nin do que lembraba do autor intuín que o fío condutor destes relatos para ler a chopos podía ser a mesma lingua galega. Até diría que lelo con este descoñecemento axudoume a gozalo máis. E é que me gustou moito.

Made in Galiza é un libro de relatos moi breves, unha alegoría á situación do galego como lingua minoritaria. É sen ningún tipo de dúbida o mellor reclamo dunha situación inxusta. É deste xeito porque fala da desconfianza da xente e da carencia de autoestima lingüística froito da situación de diglosia que sofre Galiza. De xeito divertido a maioría das veces (rapaces que en estados etílicos ou alucinóxenos confesan a súa percepción da lingua), poética algunhas (o roubo, fabricación e venda da palabra), tenro non poucas (a palabra en soños, a palabra como rexistro “fotográfico” da vida) e nun caso como prospecto medicinal.

O libro está cheo de relatos surrealistas. Nun destes descubrín problemáticas entre o nh e o ñ a través dun diálogo entre ambas letras. Noutro, precioso na súa ironía, descubrín unha capital onde a lingua orixinaria era minoritaria. Algúns relatos moi breves, dunhas 200 palabras, son fábulas moi lindas.

“Na oficina de obxectos perdidos” é un relato moi sinxelo pero que me fixo pensar moito. Acabei a lectura do libro e non podo deixar de preguntarme que efecto podería ter este texto traducido ao catalán (*). A saúde do catalán é moito máis boa que a do galego. Este parece ser o consenso. Eu estou convencido que os perigos para as dúas linguas son moi parecidos. Creo que o libro de Sechu Sende podería estar traducido a moitas linguas pequenas. Non sei se neste caso conseguiría que tivesemos máis estima polo galego, pero non dubido que conseguiría (re)mover conciencias coa mesma forza.

Eu tamén Estou Contigo.

* Recordade que quen escribe é catalán e o fai dende Barcelona.

Sende, Séchu. Made in Galiza. Vigo: Galaxia, 2007. 156 páx. (Literaria: 244). ISBN: 978-84-7154-091-1.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Autores/as galegos/as, Made in Galiza, Sende-Sechu coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

One Response to Made in Galiza, de Séchu Sende

  1. leilem di:

    Ei, non sabía… que precisamente este conto que comento ten versión cinematográfica!

    Parabéns polo vídeo Javier Gonzalez, Xosé Seoane, Miriam Guidiña e Damián España.
    Saúdos,

    Daniel

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s