Ler xuntos

Sobre a lectura do título de Mercè Carrillo. “Llegim plegats: històries dels clubs de lectura”. Barcelona, Angle, 2008. 127 p. (Inspira: 7) ISBN: 978-84-96970-42-7.

Llegim plegats non é un libro que fale de nós, do noso club de lectura*. Como ben supoñeredes a pesares do título, tampouco fala de lecturas colectivas. Para min é unha especie de lectura “obrigatoria” (no bo sentido da palabra) polo feito de que se trate tratarse dun libro feito dende os clubs de lectura. Ademais disto, o libro está cheo de cousas interesantes, e o seu contido é moi sabedeiro.

O libro está escrito por unha persoa cunha longa experiencia lectora (”un libro ten que ser a  macenda que fenda  a nosa mar xeada” di na páxina 83) e tamén cunha longa experiencia nos clubs de lectura. Se alguén ten ganas de comezar un club de lectura aquí atopará consellos moi útiles: libros suxeridos como recomendables no inicio do club, propostas para encamiñar as lecturas con bo pé, como achegar criterios diferentes aos faladoiros… O libro é todo el un pequeno repertorio concentrado de referencias literarias. Mercè Carrillo apunta varios títulos (Madame Bovary, Los mares del sur, Narracións completas de Dorothy Parker, A metamorfose, O barón rampante,  Icaria, icària, El amor en los tiempos del cólera, …) Esta parte, a última no libro, ten o interese engadido de ser críticas que incorporan comentarios e sensacións dos diversos lectores ao longo dos moitos faladoiros. Haberá máis libros con este tipo de críticas?

Lin con moita atención a parte onde Mercè Carrillo fala de como van os faladoiros e de como escoitamos e non escoitamos ao resto de compañeiros e compañeiras durante os encontros. O lamento inevitable é non poder ler este texto no inicio das lecturas. Agora que si o podemos facer, creo que sería proveitoso que todo o mundo lle botase unha ollada. Hai aquí comentarios que só mellorarán a discusión sobre unha lectura.

Dixen que o libro non fala do club de lectura *, pero isto non é de todo certo. A autora afirma “que a lectura crea adicción e é unha porta á necesidade do saber, sexan os que sexan os camiños que se elixan”. Creo perfectamente aplicable esta afirmación ao noso club de lectura, así como que “o desexo de aprender en compañía e poder gozar das novas ferramentas que unha lectura crítica aporta” é tamén unha calidade presente neste grupo.

* Faise  referencia ao Club de lectura de ciència Bib. Les Corts Miquel Llongueras, onde apareceu a primeira versión deste escrito.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Carrillo-Mercè, Llegim pletas coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s