‘Non me deixes nunca’, de Kazuo Ishiguro

Foto de victoriapeckham's photostream http://www.flickr.com/photos/victoriapeckham/164175205/sizes/m/

Foto de victoriapeckham's photostream http://www.flickr.com/photos/victoriapeckham/ / CC BY 2.0

 

“Alegoría da inmanente orfandade do individuo” Lin este título neste club de lectura de Santiago. Invítovos visitar o seu blog, onde ides atopar moitas apreciacións interesantes dos compañeiros e compañeiras de lectura.  —

Non me deixes nunca é a historia da Kathy, Ruth e Tommy, amigos todos eles desde a súa estancia en Hailsham, un colexio onde reciben unha educación especial. En réxime interno, e afastados doutros cascos urbanos, prepáranse neste centro para unha finalidade moi concreta: ser doantes. Isto non é motivo de desazón, ben ao contrario, trátase dunha cousa natural e nada próxima no tempo. Kathy, Ruth e Tommy, e tamén todos o alumnos deste exclusivo colexio exclusivo, son plenamente conscientes que son clons.

Unha vez rematada a formación, os alumnos viven nunhas cabanas. Fano cunha independencia relativa, pois continúan sendo tutelados por un adulto que os fai chegar aquilo que necesitan. Daquela que estan á espera do chamamento para facer a primeira doación, canto empezan a escoitar os rumores dunha posible prórroga. Unha primeira hipótese é que esta a poden gozar só os alumnos da mencionada escola. Máis outra é que a poden gozar as parellas que demostran estar namoradas.

Tommy continuará debuxando de adulto, cousa que na escola non se lle daba nada ben. Farao co desacougo de descoñecer para que servían aqueles debuxos que ían parar á Galería da mestra. Tommy ten a esperanza de que os traballos creativos sexan un reflexo de como son por dentro, e polo tanto unha proba de estar namorado. “Porque a creación artística é un reflexo da alma” (p.370)

Os tres protagonistas buscarán a maneira de fuxir do seu destino. Isto descubriranos un triángulo amoroso, o sacrificio dun do protagonistas, e tamén con amargura, qué son eles para os seus mestres, para as persoas coas que medraron e que os fixeron medrar.

Ishiguro, Kazuo. Non me deixes nunca. Trad. de Eva María Almazán García. Vigo: Editorial Galaxia, 2007. 424 p. 21×14 cm. (Biblioteca Compostela de narrativa europea: 4). ISBN: 978-84-7154-063-8.

 

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Autores e autoras, Ishiguro-Kazuo, Non me deixes nunca coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s