Aceptades o reto?

Propuxéronme facer unha cousa. Trátase do Reto con carácter. En que consiste? Pois en facer unha cousa que a min xa me gusta: ler. Máis O reto proponnos facer unhas lecturas concretas. Non pensades que a elección é pequena ou pechada. Trátase de ler durante este ano varios libros onde o número de caracteres dos títulos estea comprendido entre 1 e 25. Isto é: un libro cun carácter no seu título, un libro con dous caracteres no seu título, e así sucesivamente. Ademais, hai que ler catro recomendacións dunha lista de propostas. A suma dos caracteres é o mesmo número de días deste ano.

Quero invitarvos a aceptar o reto porque paréceme curioso e divertido. Eu fixen unha selección de libros que teño en casa aínda pendentes de ler. Prefiro poder facer isto, porque deste xeito non deixo de ler cousas que teño na miña biblioteca, e unha gran parte dos títulos son xa do meu interese. A páxina podémola consultar en castelán e francés, pero non hai ningunha condición sobre a lingua en que estea escrito aquilo que lemos. Outro detalle xulo é a posibilidade de engadir un enlace de interese na páxina onde rexistramos as lecturas feitas. Vemos deste xeito un recurso consultado polo lector (ou pola lectora) daquel libro.

Pero un aspecto tamén interesante é estar aberto a lecturas inesperadas, ler un libro cun criterio tan anómalo como pode ser o número de caracteres que contén o título. Ler por ler, sen miramentos, sen ter presente autores ou xéneros, e facelo de cando en vez, é un exercicio de lectura moi san. Animádesvos a participar?

Advertisements

5 opiniones sobre “Aceptades o reto?

  1. Para min é o primeiro, máis teño curiosidade por saber como serian os retos anteriores… e os que virán.

    Graciñas elizq pola visita.

    Un saúdo
    🙂

    Gústame

  2. Estou contento de participar no reto. Paréceme chulo facer lecturas novas, e facelas de xeito divertido.

    elizq, vouche confesar que nin son portugués nin galego, son catalán. Teño familia política en Galiza, e gústanme moito algúns autores e artistas de alí. Con este blog, a miña aspiración é falar dos libros e temas que estou a ler, e tamén aprender un pouquiño de galego.

    Co teu permiso, vou engadir o teu blog á miña lista de blogs.

    Graciñas por me visitar, e até pronto.
    🙂

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s