30 aniversario da morte de Félix Rodríguez de la Fuente

A min agora non me gusta moito ver os documentais de Félix Rodríguez de la Fuente. Pásame con moitas cousas que antes miraba con moitísimo interese, cando era máis pequeno, e que agora non me chaman a mesma atención. Case me pasa ao contrario. Moitos programas e series que antes miraba agora prodúcenme máis vergonza que outra cousa (excepción que fago de Ulises 31). Recordo os documentais de Félix Rodríguez de la Fuente moi sensacionalistas. Cada vez acepto peor segundo que enfoques, e quéixome que sexa difícil atopar un documental cun guión medido.

Máis resúltame moi fácil encomiar e botar en falta á vez o tipo de divulgador que foi Félix Rodríguez de la Fuente. Por moitos motivos. Fixo unha tarefa divulgadora fantástica. Moitos compañeiros de bioloxía recoñecían ser alá esporeados polo interese pola fauna que nos transmitiu. Ademais, coñezo a moitos naturalistas non directamente ligados co mundo académico que son auténticos naturalistas. É dicir, que non só miran paxaros co fin de marcar como vista aquela especie, fan a foto e marchan. Estes naturalistas dos que falo agora van mirar todo bicho que se poidan atopar.

Outra situación que penso non se dá agora como antes é a existencia de divulgadores próximos. As novas tecnoloxías conéctannos dun xeito rápido e sinxelo con tódolo mundo. Agora podemos ver documentais de todas partes. Chégannos grandes producións anglosaxonas de moita calidade, (malia que ás veces tan ou máis sensacionalistas), pero temos poucos divulgadores da nosa fauna. Temos divulgadores de xeito medio-ambientais, que falan da contorna natural ás veces desde un enfoque de saúde e calidade de vida. Non quero insinuar que isto non teña a súa importancia. Pero con Félix Rodríguez de la Fuente os animais eran os protagonistas, e eran os dunha rexión faunisticamente falando moi importante: A península Ibérica, que coñecemos mellor e queremos máis grazas a el.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en General coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s