A ciencia en Madame Bovary

Os cualificativos e opinións sobre Madame Bovary poden estar, quizais, esgotados. Nada máis lonxe pola miña banda que presentarme aquí coa intención de engadir algo novo. Pero tiven a oportunidade de ler este título nun club de lectura e atopei detalles que me gustaron moito, tanto como para comentalo como vou facer a continuación.

Font: Galeria de cod_gabriel [http://www.flickr.com/photos/8628950@N06/2539187570/]

Retrato de Gustave Flaubert na edición romanesa de 1956

Sorprendeume gratamente atopar referencias á ciencia do momento. Estas danse a través dun personaxe: Homais, o farmacéutico. Este fala da utilidade do coñecemento da química na agricultura. Explica que a súa disciplina alcanza tódolos corpos da natura e que el, coma farmacéutico, tamén é químico. (p. 145). Homais móstrase axiña unha persoa analítica e pragmática. Espertoume un sorriso como Homais desexa comezar un negocio de “turismo médico”. No capítulo XI da segunda parte intenta “vender” a idea de modernizar a vila facendo desta un lugar de referencia onde curar á xente de pé “equinovar” logo de ler sobre un revolucionario método para facer operacións de estrefopodia nunha revista. Para este fin necesita implicar ao médico do pobo, Charles Bovary, marido de Emma. Teñen para comezar un primeiro paciente, Hipólito do “Lion d’Or”, que naturalmente “podería falar da súa curación a tódolos viaxeiros, e ademais, quen podería impedirme enviar ao diario unha pequena referencia sobre isto? […] un artigo circula…., fálase do caso…. e acaba facéndose unha bóla de neve!” (p. 185). Homais xa ten montado o castelo no ceo. Móstrase interesadamente esperanzado co aparente éxito da operación e xa di que “os cegos verán, o xordos sentirán e os coxos andarán”.

Pero Homais non é un inxenuo nin está un pouco tolo, é un optimista e confía plenamente na ciencia. “O que o fanatismo prometía antano aos seus elixidos, a ciencia lévao a cabo agora para tódolos homes” (p. 189). Nas súas conversacións con Emma Bovary non só se perfilan ideoloxías persoais diferentes e opostas. Eu falaba de “detalles” no principio deste escrito porque non vía neste personaxe outra cousa que non fose un elemento máis dun escenario moi ben descrito, dunha contorna a Emma Bovary elaborado con precisión.

Homais é a voz da ciencia, dun racionalismo que non chea nin convence á protagonista. É o cambio que está penetrando na sociedade e é el quen obtén éxito ao final da historia. Pero non é aquilo que persegue Madame Bovary. Esta confrontación entre vitalismo e racionalismo é o que máis me gustou máis da súa lectura.

Flaubert, Gustave. Madame Bovary. Trad. Antonio Pichel. Vigo : Galaxia, DL 1994. 361 p. (Obras universais: 2. Literaria ; 118). ISBN: 978-84-7154-900-6.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Autores e autoras, Flaubert-Gustave, Madame Bovary coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s