Evolución, de Stephen Baxter. Libro II: humanos

Xa falei un pouco da primeira parte deste título (o 26 de xaneiro) e hoxe tócalle á segunda: o libro II: humanos.  Dos Australopitecos facendo as súas primeiras paseadas pola sabana, á vez que nos explica os cambios producidos á evolución no logro do bipedismo (páx. 209), até as primeiras cidades consecuencia do sedentarismo e a agricultura. Stephen Baxter continúa ofrecéndonos unha dramatización do fenómeno da evolución á vez que vai deixando, de cando en vez, algunha idea ou concepto interesante polo mesmo ou pola interpretación que fai.

Na primeira parte extraía unha definición de evolución, hoxe podería traer Até aquí varios temas que o autor suxire. A bioloxía evolutiva do desenvolvemento (”evo-devo”) que estuda de xeito comparado a evolución dos estadios temperáns dos organismos para establecer relacións evolutivas entre grupos, aparece na páxina 189. Por certo que á novela aparece a palabra “evo-desa” no canto de “evo-devo”. Que non se enfade o tradutor se le isto. Fago esta anotación para manifestar a miña sorpresa (e tamén satisfacción de atopalo nunha novela) de ver como un término técnico se fai un recuncho no noso vocabulario. Haberá algunha outra novela que mencione as heterocronías? Esta faino na páxina 218. Cinco céntimos sobre que é a especiación témolos na páxina 219. Pola contra, sería unha castaña de lectura atopar unha explicación dalgún término científico a cada páxina. Dígovos que isto non pasa. Baxter alterna a narración con estas explicacións, e marcando puntos na historia da evolución dos humanos. “Para as criaturas do mundo as regras cambiaran novamente”, ou “a vida sempre fora dura e azarosa”. Deste xeito o autor vai marcando puntos de inflexión na narración.

Desta colección de pequenos relatos conectados a través do fío da evolución Baxter fai unha exposición dramática, a miúdo cruel. A loita polo liderado dentro do grupo, a manipulación, as crenzas, a evolución da conciencia desde a percepción de sensacións “simples” (ter fame) até o recoñecemento de inimigos e contrarios dentro do grupo (e de como se desfacer deles). De entre estas historias chámame a atención o relato dos primeiros humanos en chegar a Australia desde as illas máis próximas do continente asiático. Pola ausencia de violencia que si teñen outras escenas, e porque é un exemplo chulo de superación e perseveranza que esporea a atopar unha solución técnica para conseguir unha piragua estable.

Pero esta dramatización non é só unha licenza do autor. Esta progresiva complexidade da conciencia ten a súa importancia na narración. O que pasa é que isto descóbrese  na última parte deste título, que comentarei proximamente.

Baxter, Stephen. “Evolución”. (Evolution. 2002) Trad. de Manuel Mata Álvarez. La Factoría de Ideas: Arganda del Rey, 2004. 16.5 x 23. 480 pàg. (Solaris Ficción: 54) ISBN-10: 84-9800-0513.

O autor participa no blog colectivo do club de lectura ciència Bib. Les Corts Miquel Llongueras. Neste blog apareceu a  primeira versión deste escrito.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Baxter-Stephen, Evolución coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s