Domingo Villar en Barcelona

“Prémenos o urxente e esquecemos o importante. Eu creo que o escritor ten, cando esta a escribir, a oportunidade de pensar no importante e deixar a unha banda o urxente.” Domingo Villar.

Domingo Villar nunha charla de BCNegra, o dia 6 de febreiro de 2010. Fotografía: Núria Doya

O pasado sábado 6 tivemos a oportunidade e o pracer de saudar a Domingo Villar na Biblioteca da Barceloneta- La Fraternitat. Se cadra por fin, pois eu non tiña noticia que visitara a cidade con anterioridade. Sucedeu no marco da semana negra de Barcelona (BCNegra), nunha mesa redonda (Collita en castellà), que moderada por Raúl Argemí, tivo tamén a participación de José Luis Correa, Francisco José Jurado, José Ángel Mañas, Eduard Pascual i Rosa Ribas, ademais do creador de Leo Caldas.

No encontro os autores, todos eles co seu primeiro ou segundo traballo, falaron sobre a reaccións das súas primeiras historias e da súa ligazón coa cidade onde viven. De Domingo Villar collín ao ar esta cita, que transcribo aquí con imprecisión, porque non tiña onde apuntar no intre de escoitala.

A charla foi tamén a oportunidade para que lectores compulsivos non deixaran escapar aos seus autores preferidos. Rosa Ribas e máis Domingo Villar non puideron deixar a mesa sen antes firmar uns poucos exemplares das súas obras. Eu teño dende entón, o meu exemplar de A praia dos afogados asinado e con unha dedicatoria que non vou compartir. Non por nada, só  porque e para min.;-)

Agradecemento eterno a Núria Doya, da Biblioteca Barceloneta-La Fraternitat, pola cesión da fotografía.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Citas coa lectura, Desatinos, Villar-Domingo coas etiquetas , . Ligazón permanente.

2 Responses to Domingo Villar en Barcelona

  1. Domingo di:

    Amigo Daniel, foi un pracer terte coñecido en Barcelona. Desde entón teño pasado varias veces por esta casa. Encantoume o roteiro fotográficos tras dos pasos das personaxes de Ollos de auga.
    Moitas gracias por fixarte nelas.
    Apertas,

    Gústame

  2. Dani di:

    Foi un pracer escoitar a charla e máis ler a Leo Caldas. Facer as fotografías foi unha pequena diversión, unha cousa máis que facer en Vigo, cidade que por diferente a Barcelona, por atlántica, por costeira, por mariña…. gústame visitar cada dia máis (se cadra aínda máis sendo “guiado” por Caldas e máis Estévez)
    🙂
    Graciñas a ti por escribir.

    Un saúdo cordial

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s