Código xenético, de Amàlia Lafuente

Codi genètic, de Amàlia Lafuente, é o primeiro libro que lin este ano. Foi un agasallo destes que se fan por ningún motivo en especial ou sen ter relación con ningunha data sinalada ou celebración: unha auténtica sorpresa. Se xa mola recibir libros como agasallo en aniversarios e Nadal, aínda mola un pouco máis recibilos inesperados.

Codi genètic é a primeira novela de Amàlia Lafuente. A autora narra e dramatiza a vida dunha serie de investigadores, e máis concretamente a vida da protagonista, Marina Fontcuberta. Esta ten que loitar para se facer un recuncho nunha contorna laboral e profesional moi competitiva, coa presión engadida de ser filla dun investigador de renome. Marina atopa no intre de realizar un experimento (de forma un chisco “accidental”, posto que emprega por erro material que non estaba reservado para ela) que un composto podería abrir unha vía moi importante para reparar os danos sufridos nas neuronas provocado pola enfermidade do Alzheimer. Non hai que dicir que este achado resultaría un fito moi importante con consecuencias moi positivas tanto para os enfermos como para a carreira de Marina.

Cando Marina fai este achado xa se atopa traballando ás agachadas e en condicións moi precarias, situación esta froito de non aceptar a submisión ao seu xefe por motivos que non explicarei co desexo de non esmagarlle a lectura a ninguén. Ademais do relato persoal da Marina na procura do seu obxectivo, hai unha atmosfera de intriga na competencia xerada polo achado do fármaco contra o Alzheimer entre dous grupos de investigadores.

Hai unha cousa que non me gustou moito da novela.  Son, quede claro,  detalliños formais que non salpican aquilo que atopo  que está moi ben feito. Recursos do tipo “relaxar o seu sistema nervioso”, non soltar unha molécula para mostrar que un non deixa ir palabra, ou “neuronas de home experto que anuncian imprudencias”….. Para o meu gusto, este tipo de metáforas desentoan na narración. Quizais a autora espera que os seus lectores sexan maioritariamente lectores vinculados á investigación e aos laboratorios. Quizais estes teñen unha percepción máis favorable sobre esta linguaxe que non eu. Espera a autora que os colegas de profesión sexan o groso dos seus lectores? A autora usa a palabra Ecu en vez de euro. Isto pareceume una licencia lícita até que atopei un “europeo” escrito tal cal, que me fai sospeitar dunha revisión insuficiente (xa que en catalán tería que ser “europeu”).

Gustoume moito como a autora enlaza fantasticamente ben a situación persoal coa condición profesional. Os personaxes non teñen unha vida desligada da vida profesional. Os sentimentos van coa persoa e nas relacións cos compañeiros. Estas relacións á vez, son máis complexas no ambiente de competencia que arrodea aos investigadores. Isto, moi ben ligado, fai de Marina unha das mellores personaxes femininas que lembro. E isto provócame moita satisfacción porque penso que esta clase de personaxes son minoría, do mesmo xeito que tamén o son as autoras.

O mundo da investigación é outra cousa moi ben descrita na novela. Mentiras piadosas para algúns son actitudes nada nobres para outros, fichaxes de investigadores estrela para que poñan a cara pero non fagan o traballo, competencia entre equipos, a descuberta de actitudes reprobables en persoas de confianza. E a actitude cara a unha actividade, a confianza na ciencia que ten por exemplo Marina, e o escepticismo doutros dos seus compañeiros… conseguirán facer cambiar de opinión a Marina?

Codi genètic foi un agasallo e unha lectura moi chula que recomendo moito aos lectores (e lectoras) do club de lectura e tamén deste bloc.

Lafuente, Amàlia Codi genètic. Barcelona : Proa, 2009. 350 p., 23 cm. (Beta: 200). ISBN: 978-84-8437-903-4

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Autores e autoras, Codi genètic, Lafuente-Amàlia coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

One Response to Código xenético, de Amàlia Lafuente

  1. Dani di:

    Xa sé porque a autora usa o nome anterior ao actual da moeda europea, e tamén teño un bo argumento sobre o uso das metáforas que aparecen na novela. O Ecu era a moenda en curso no momento en que se desenvolve a historia, anterior ao ano 2000. As metáforas son, evidentemente, un recurso literario lícito, que nesta historia atopámolas nun contexto temático semellante: a bioloxía, o traballo no laboratorio.

    As aclaracións recibinas a través ….. da propia autora! Penso que quizais dei entender que son máis crítico do que realmente quero. Si tiña en mente dicir algo tamén “malo” si realmente considerábao así. A cousa é que sé que a Amàlia Lafuente non llo tomou de ningún xeito mal, e que o comentario gustoulle. Celebro moito que chegase até este escrito e a resposta. Oxalá Códi genètic sexa lido por outros moitos e tamén comentado a outros blogs.

    Saúdos,

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s