Unha cita coa lectura (18): lectores fanáticos

“Quen vive de xeito case neurótico a actividade de ler, tanto como outros o alcohol ou o fútbol, desexamos que quen nos arrodea sexa coma nós, lector”. Víctor Moreno.

Esta é unha desas primeiras liñas que fan de garfo. A min pasoume no intre de ler as primeiras palabras do ensaio sobre a lectura de Víctor Moreno La manía de leer. Crer que toda persoa que le está interesada na lectura en si mesma como tema é unha suposición que eu considero certa. Se se é lector máis ou menos asiduo, a lectura é un tema máis. É isto verdade? Pois podería ser que non. O autor do ensaio fálanos con sentido crítico da percepción da actividade da lectura e da súa difusión, da súa promoción. Polo que lin até agora, estou a recibir algunha que outra lambetada en tanto que lector fanático. Mais estou a rematar a lectura para saber que nos di o autor exactamente.

Moreno, Víctor. La manía de leer Madrid: Caballo de Troya, 2009. 396 p. 13 cm. ISBN: 978-84-96594-35-7.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Citas coa lectura coas etiquetas , . Ligazón permanente.

2 Responses to Unha cita coa lectura (18): lectores fanáticos

  1. Eu di:

    Para min ningunha obsesión é boa.
    Quizáis a lectura é unha obsesión moito máis culta que a da maioria dos mortais, mais obsesionarse cos autores que che gustan ou coas moreas de libros que aínda tes por ler pode ser tan perxudicial coma calquera outra teima.

    Haberá moita xente realmente obsesionada polos libros??? Teñen toleado moitos ratos de biblioteca????

    Se algunha das miñas dúbidas ten explicación no libro non deixes de contarmo…

    Graciñas

    Gústame

  2. Dani di:

    Mais se non fas mal a ninguén, ter algunha obsesión pode ser bo. Con medida e autocontrol, xaora.
    E verdade que sobre todo aquí edítase moito (en castelán). Se cadra necesitamos unha especie de ecoloxía lectora, coñecer os nosos gustos, mantelos, e engadir un pouquiño de diversidade ao noso criterio.

    Aínda estou a rematar o libro. Xa che direi máis, Eu.

    Graciñas pola visita e o comentario.
    🙂

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s