Unha cita coa lectura (16): Ourizos elegantes

“A literatura […] ten como misión facer soportable o cumprimento dos nosos deberes vitais. Para un ser que, como o humano, labra o seu destino a forza de reflexión e reflexividade, o coñecemento así obtido ten o carácter insoportable de toda lucidez espida. Sabemos que somos animais dotados dunha arma de supervivencia e non deuses modelando o mundo co seu propio pensamento, e dende logo fai falla algo para que esa sagacidade nos sexa tolerable, algo que nos salve da triste e eterna febre dos destinos biolóxicos” Páx. 321-322.

Unha cita longa pero linda procedente do título que limos o mes pasado no club de lectura virtual. A protagonista, unha porteira nun edificio de luxo é unha usuaria “avanzada” das bibliotecas municipais que ten un coñecemento da arte, a filosofía e o cine nada superficial. No caso da literatura, ademais, ten un gusto exquisito. Unha historia simpática pero tamén tráxica que comentarei máis adiante.

Barbery, Muriel. A elegancia do ourizo (L’Élégance du Hérisson) tradución Mª Dolores Torres París. Vigo : Galaxia, 2008. 423 p. 21 cm. (Literaria ; 13). ISBN: 978-84-9865-143-0.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Citas coa lectura coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s