O que merece ser lido

En moitas Bibliotecas da Diputació de Barcelona e tamén na Miquel Llongueras podedes consultar o repertorio de libros 1001 libros que hay que leer antes de morir de Peter Boxall. A primeira cousa que un se pregunta é cantos leu, aínda que comprobalo requira un mínimo de paciencia para facer este reconto. Eu confeso que lin 42 (44), co recoñecemento e a despreocupación de que este número sexa unha porcentaxe moi pequena.

O repertorio dinos que é aquilo que hai que ler. William Grimes (1) crítica o libro dicindo que a lista constitúe unha selección estrafalaria e perversa dunha forma nada inocente. Así di que máis da metade dos libros escribíronse logo da Segunda Guerra Mundial, que hai autores que poderían estar menos representados (por exemplo: J.M. Coetzee, con 10 títulos) ou que hai algún título que non lería nin que vivise 1001 anos. Os lectores e lectoras atraidos polo debate sobre a lista poden consultar a páxina www.listology.com [en inglés]

Eu boteille unha ollada cunha mirada máis inxenua. Fíxeno baixo a reflexión de “que tipo de lector son“. Creo que é fácil que moitos sexamos (primeiro) lectores dun autor ou dun xénero. O suposto é que unha vez feito isto, si a lectura gústanos (non de nada en concreto, se non a acción da lectura en xeral) pensamos en ler outros autores, outros temas. Eu pareime a pensar como de temáticas ou eclécticas son as miñas preferencias lectoras.

Pero Grimes, recoñece que na lista hai “unha balea branca” que querería ler antes de morrer. E ti? tes algunha?

(1) “Unha longa lista para humillar aos ilustrados” aparece nunha selección de artigos traducidos do The New York Times da edición en papel de El País do xoves 12 de xuño de 2008. Nas bibliotecas podedes consultar a edición electrónica a este diario e moitas conservarán aínda o diario deste día.

1001 libros que hay que leer antes de morir : relatos e historias de todos los tiempos. Edición dirigida por Peter Boxall; adaptación española dirigida por José-Carlos Mainer. Barcelona : Grijalbo, cop. 2006. 958 p. 22 cm. ISBN: 8425340322.

Outra versión deste texto apareceu no blogue Club de lectura de ciència Biblioteca Les Corts Miquel Llongueras.
Advertisements
Estas entrada foi publicada en Repertorios bibliográficos coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s