Unha cita coa lectura (14): sobre libros vellos

«O que máis detestaba era ler as dedicatorias por enriba dos ombros de Norman: “Para o meu querido Peter, no noso décimo quinto aniversario de vodas” (nas Robbáiyat, d’Omar Khayyam); “Este libro foi un agasallo á miña querida Violet Swain, que en paz descanse, cando os dous tiñamos dezasete anos” (en O vixía no centeo); “Para María, que te brinde solaz” (nos Sermóns, de John Doone); “Para que non esquezas as nosas dúas semanas no paraíso italiano” (en As pedras de Venecia, de Ruskin); “a tolería non é senón xenialidade incomprendida; reza por min” (nas Cancións de inocencia e experiencia, de William Blake); “vivo, morro; vivín, estou morto, morrerei, vivirei” (en Temor e Temor, de Kierkegaard)… E así decenas e decenas, en cada furgoneta de libros que chegaba. Era noxento. Tiñan que soterrar os libros cos seus propietarios, como facían os exipcios, para que a xente despois non puidera poñer as gadoupas por riba; para que os mortos tiveran algo que ler no longo percorrido da eternidade» (p. 78)

Na número 14, unha cita do personaxe que buscaba na súa nai a teta número 13 (que non existía). Onte rematei Firmin, a historia dunha rata que vive nunha libraría de libro vello. Firmin é un lector empedernido cun gusto exquisito e tamén con opinións moi firmes sobre o coidado que merecen os libros. Non me decatara até ler esta páxina. Acto seguido busquei na miña biblioteca os libros que mercara en librarías de vello na procura de dedicatorias deste tipo. Só atopei unha, na edición que teño de John Wyndham de El dia dels trífids. Neste di “Reis tia Nina 85-86”, e o seu antigo propietario foi Marc C. L.

Savage, Sam (2009) Firmin : un relat farcit d’humor negre: tot un símbol de l’amor per la literatura (Firmin: adventures of a metropolitan lowlife. 2006) Trad. Sabina Galí; illustracións de Fernando Krahn. Barcelona: Columna. 11.5 x 18 cm, 206 p. (Labutxaca. Narrativa) ISBN-10: 84-92549-91-7.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Firmin coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s