O primeiro Leo Caldas

É Domingo Villar o “noso Camilleri”, un “Camilleri galego”? Eu non estou moi versado en novela negra, pero os dous autores gustáronme por igual (coas súas diferencias, claro) Téñoos un a carón do outro no andel da miña biblioteca persoal. A resposta a pregunta é que non. O universo Leo Caldas está moi lonxe de chegar a se parecer ao universo Montalbano. Ademais, estou seguro que o autor de Ollos de auga rexeitaría esta comparación axiña.

Leo Caldas afróntase no seu primeiro caso ao asasinato con crueldade do músico Lois Reigosa. Éste ten a característica física de ter os ollos dunha cor moi clara. A novela ten case de todo: asasinato, intriga, supostos culpables, supostos inocentes, un inspector sensíbel e tímido, un compañeiro (Rafael Estévez, maño pero moi galego no seu falar) que nos da o contrapunto do humor na historia e que recordaremos tanto como a Caldas unha vez rematada a lectura, asasinos por resentimento, cómplices arrepentidos, e unha moi linda homenaxe a cidade de Vigo, engadindo esta a lista de cidades grandes decorados do xénero.

Quere dicir isto que Ollos de auga é unha novela barroca, ou sobrecargada de elementos? Ren disto. A historia é moi sinxela, con capítulos abertos pola definición de dicionario da palabra “clave” do que sucede. Pero non pasa o mesmo coa trama, que soo é simple nun principio. Domingo Villar coloca intelixentemente unha serie de pezas sinxelas para que o todo sexa moito máis que suma das pezas por separado. Se cadra, esta novela non ten a crítica social que parecen ter os títulos recentemente publicados que son tan populares nas librarías. Pero é, penso, un retrato fiel da filosofía galega fronte a vida, desa actitude vital particular dos galegos e galegas. Tamén vexo unha metáfora na mestura da música da zanfona coo Jazz a mestura que se percibe en Galiza do moderno coo tradicional. Unha percepción, tal vez, persoal e miña nada mais. Xa vedes, vou inaugurar o club de siareir@s  “Leo Caldas”, senón existe xa.

Gustoume tanto o que ten Ollos de auga de novela urbana, que non puiden (non quixen) evitar facer unha especie de percorrido pola cidade nas miñas vacacións. Busquei e fotografei os lugares que aparecen na novela conforme ía lindo. Estas fotografías van aparecer, como sucede nos quioscos neste mes de setembro, por entregas e baixo a etiqueta Un paseo por Ollos de auga. Estades invitados, madia leva.

Villar, Domingo. Ollos de auga. Vigo: Galaxia, 2007. 240 p. 21 cm. (Literaria/ Galaxia: 233) ISBN 978-84-8288-927-6.

O pasado més de maio o programa “Página2” entrevista a Domingo Villar.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Ollos de auga, Villar-Domingo coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to O primeiro Leo Caldas

  1. Eu di:

    Xa estou preparada para o paseo por Ollos de auga!
    Eu tamén lin a novela e gustoume moito. A historia enganchoume dende o principio e teño pendente ler “A praia dos afogados”, a segunda entrega do detective Leo Caldas. Teño que recoñecer a miña debilidade polo seu axudante Estévez, un maño ben retranqueiro, así que espero que nesta nova historia tamén estea presente.
    Apúntome á lista de siareir@s de Leo Caldas e como non, de Estévez

    Gústame

  2. leilem di:

    Ola Eu! benvida a este blog.

    Primeiro confesar que son un fotógrafo aficionado é que as fotos que van aparecer non teñen máis valor que a súa conexión coa novela. Foi moi divertido camiñar por Vigo con esta tarefa.

    A segunda cousa que quero facer é agradecerche o teu comentario sobre o segundo caso desta parella de detectives (eu tamén espero a participación de Estévez). Axuda a explicar o título da noticia e mais engade información que eu esquecín.

    Graciñas Eu polo teu comentario. Unha aperta.
    🙂

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s