Unha cita coa lectura (8): Cómo son as bibliotecas?

“Vai ler todo o mundo. Quítalle ao lector o sacrosanto respecto que inspiran as bibliotecas e até as librerías…”. Carme Balcells.

Respecto sacrosanto (?!) A señora Balcells non debe visitar as bibliotecas (de BCN) que visito eu. Nestas, con demasiada facilidade, se atopan sedatofóbicos inclusive entre o persoal que traballa. Moitos espazos non están insonorizados correctamente, cosa que fai que moitas actividades da biblioteca ou equipamentos contiguos dificulten poder facer unha lectura minimamente boa. A meirande parte dos usuarios parece facer uso da biblioteca como videoclub ou como locutorio. A climatización parece non funcionar nunca e as veces ou cheira a cloaca o a peixetería. No seu dereito están, por suposto, pero teño as miñas dúbidas sobre esta clase de respecto que comenta a editora. Pésame dicir que moitas veces soo penso na biblioteca para coller un libro que fuxir axiña. Teño que recoñecer tamén que isto non pasa sempre.

Cruz, Juan. “El libro nunca morirá [Entrevista a Carme Balcells]” [En línia]. El País. 27 de agosto de 2009. [consulta: 27 de agosto de 2009]

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Citas coa lectura coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Unha cita coa lectura (8): Cómo son as bibliotecas?

  1. Quim di:

    Eu teño libros de verán, e lendo os teus articulos o nivel é moi alto. E por certo, o teu blog cada dia esta mais bonito

    Gústame

  2. Dani di:

    Ola Quim! e benvido á este blogue

    Non me digas que o nivel é moi alto, non é a miña intención espantar aos lector@s. 😉 En tanto que blogue persoal, ten os seus “desatinos”. Se o que atopas aquí é útil para as túas lecturas, pois fantástico.

    Saúdos Quim
    🙂

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s