Camareiros e mariñeiros

Steam Tug by Cassoulet Sf <http://www.flickr.com/photos/bertrandman/>

O “Eppelton Hal“, un remolcador de hai 100 anos, con dobre roda de palas. Se estivera nun porto asiático e pintado de branco, podería ser o remolcador de Falk. Steam Tug by Cassoulet Sf (http://www.flickr.com/photos/bertrandman/370851141/)

Cantos camareiros “ficticios” coñecedes? Eu non lembro, agora mesmo, mais que a Sigfrido e a Rafael, sen contar a Moe, que debe ser o mais famoso, seguro. Pero como veredes estes pertencen á banda deseñada e á animación. En obras literarias só chego a lembrar agora mesmo a Schomberg, en “Falk. Una remembranza”, de Josep Conrad. Avarento, con denteira e troleiro (aínda que inocente, como demostra a anécdota coa que remata), este taberneiro é un elemento moi importante da historia.

Falk é capitán dun remolcador “de roda de paletas” (p.17) que faena nun porto fluvial gozando en parte do monopolio que lle ofrece a situación de ser o único e necesario remolcador da zona. Aparentemente non sociable e de trato difícil (moito máis se “lle preguntades” a Schomberg, que renega incluso de que sexa vexetariano e non xante na súa taberna) Falk anhela a man da sobriña de Herman, capitán do Diana e amigo do narrador. Esta amistade é vista por Falk como un atranco, unha competencia pola moza difícil de superar. Pero o noso narrador, sen interese pola moza e coa urxencia de marchar debido á enfermidade dun membro da súa tripulación, consegue romper a coiraza de Falk. Descobre entón non só canto esta de namorado da roxa sobriña, se non que chega até o segredo que garda a actitude do capitán do remolcador. Este segredo, consecuencia dunha desgraza que lle traumatiza e que necesita exteriorizar, explicar, para expurgar deste xeito o sentimento de desacougo que non quere sexa impedimento na súa vida matrimonial.

“Falk. Una remembranza”, é un relato breve con outro relato máis breve e de maior impacto se cabe no seu interior: o naufraxio do barco no que viaxaba o protagonista. Na súa lectura gustoume, amais da maneira de indagar na psicoloxía duhna personaxe que oculta un segredo terrible, como Conrad deixa claro o seu escepticismo sobre a nova tecnoloxía dos barcos de vapor. “Até ese intre non me decatei que a nosa época era xa, irremediablemente, a do vapor. A posesión da única caldeira de vapor deulle a Falk o poder sobre os demais” (p. 56). O naufraxio do Borgmester Dahl, que sufre unha avaría nunha peza importante da súa nova forma de propulsarse (a hélice), é tamén en certa maneira unha sospeita sobre a nova forma de navegar que esta a suplantar a tradicional.

Este libro ten o conto que máis lle gusta a Conrad, e o conto que máis me gusta a min.

Agradecementos: a Rosa Busquets, da biblioteca do Museu Marítim de Barcelona, que foi quen me deu a referencia da fotografía sobre un remolcador da época do personaxe.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Conrad-Joseph, Falk. Una remembranza coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s