A crise e os libros

Para gozar do pracer de sentirse fóra de casa non hai que estar nun lugar exótico ou afastado. Basta con aqueles detalles do día a día que son diferentes a como son alá onde vivimos a meirande do ano. Tomar un café nun bar é unha forma sinxela de vivir esta sensación. Pedindo un café con leite ou un cortado e botando unha ollada á prensa local comprobámolo axiñá.

Hai días, en Barcelona, lía na Vanguardia que aos libros a crise “íalles ben”. En Vigo, na Voz de Galicia, lin varias noticias que fan referencia a esta repercusión. Nunha entrevista, o 4 de agosto (1), o editor Francisco Rodríguez Igrexas dicía que “historicamente, canto máis crise hai, máis libros se venden”. Este señor dá como razón (lóxica) o feito que isto está relacionado directamente co grado de preocupación da xente. A máis preocupación, máis desexo de formación. “A xente le máis para se formar”, explica Francisco Rodríguez Iglesias.

O efecto da crise sobre os libros foi tamén tema de conversa entre os libreiros das feiras que se fixeron en Galicia este verán. No mesmo diario do 10 de agosto (2) atopamos un comentario irónico dun libreiro que di que quizais non lles afecta a crise porque é un sector en crise permanente”. A noticia recolle tamén a voz dunha lectora. Esta di que “como regalar xoias é moi caro, o que fai a xente é regalar libros, que queda moi ben e non son tan caros como as xoias”.

Resúltame agradábel ler estes comentarios ao tempo que tomo un “café con leite pequeno, non de almorzo” porque vexo un interese, unha preocupación polo mundo do libro, que (afirmaría) sentimos moitos lectores e lectoras.

(1) Noticia na edición dixital de “A Voz de Galicia”. Entrevista: Francisco Rodríguez Iglesias: “En Galicia existe unha incultura ecolóxica”. <http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2008/08/04/0003_7035310.htm&gt;
(2) Noticia na edición dixital de “A Voz de Galicia”. EVENTOS LITERARIOS: As vendas creceron en todas as feiras do libro de Galicia deste ano. <http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2008/08/10/0003_7050184.htm3_7050184.htm&gt;
Advertisements
Estas entrada foi publicada en Desatinos coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s