Entre dinosauros

Un libro pequeno máis totalmente equipado: unha introdución de Arthur C. Clarke, un epílogo de Stephen Jay Gould e unha nota da filla do autor responsable esta da publicación do libro anos despois da morte do seu autor George Gaylord Simpson. Iso sen contar cunhas poucas ilustracións moi chulas de até cinco especies de dinosauros.
G. G. Simpson, paleontólogo de renome, aproveita os seus coñecementos para describir con detalle a vida entre dinosauros. Esta é a transformación que sufriu o título na súa tradución ao castelán.
Sam Magruder é un investigador cronolóxico que desaparece accidentalmente traballando no seu laboratorio. Magruder, claro esta, viaxa cara o pasado, pois “a non existencia do futuro é unha conclusión necesaria para a cronoloxía teórica, e non podes viaxar cara a non existencia”. Daquela que aparece no Cretáceo, onde empeza unha vida de absoluta soidade e moitos perigos como único ser humano. É aquí neste contexto onde a historia danos unhas poucas reflexións sobre a ciencia da paleontoloxía. Gustoume o comentario que o noso Robinson Crusoe do tempo fai sobre a verdadeira cor dos dinosauros, que el ve moi diferentes en comparación cos seus coñecementos previos, inferencia da interpretación dos fósiles atopados na súa época orixinal. Simpson tamén nos explica, a través do personaxe, a diferencia entre poiquilotermia e homeotermia. Declárase a favor da non homeotermia dos dinosauros, tema este debatido na máis popular divulgación científica sobre este grupo de animais (Wilford, Desmond, Charig …). Reflexiona tamén sobre a evolución, o mellor dito sobre a practicamente non evolución dos crocodilos, que perduran tal como eran des de o Cretáceo até a actualidade. O autor conxectura se a sorprendente evolución dos humanos non é un fracaso evolutivo en ver dun éxito. A primeira vista pareceume que o autor aproveitaba o recuncho da ficción para falar fora do micro, para darse o gusto de galantear con teorías e hipóteses non contrastadas. O epílogo de S.J. Gould, que por certo non sei se aparece na edición en castelán, descúbreme polo contrario que a “ideoloxía” da novela é congruente co pensamento do autor.
Clarke afirma que a novela é a mellor novela sobre viaxes no tempo despois do título do mestre H.G. Wells. Eu penso esaxerada esta opinión, malia gustoume igualmente. Unha cosa que recupera de A maquina do tempo é a incredulidade sobre a posibilidade desa viaxe. Un pequeno grupo de persoas xulgan a veracidade do relato de Magruder que lles chegou. Un deles, o historiador, lamenta que este non aproveitara os seus coñecementos para indagar no seu entorno e condición. Outro deles, o home común, loa en cambio ao protagonista por sobrevivir nesa drástica situación.

A lei de Lem - Daniel Gonzalez Martin

Imaxes do exemplar lido

Simpson, George Gaylord (1996) The dechronization of Sam Magruder Introdución: Arthur C. Clarke. Epílogo: Stephen Jay Gould. Editada en memoria por: Joan Simpson Burns. New York : St. Martin’s Press. 136 p. 20 cm. ISBN: 0-312-13963-2.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Dechronization-of-Sam-Magruder, Simpson-George-Gaylord coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s