O legado de Humboldt, de Saul Bellow

¿Tería que dicir que este libro non me gustou? Pensando nas recomendacións de Carme Font, que di que non valen medias tintas, que un lector ou lectora quere ler un comentario claramente positivo ou negativo e non unha escala de grises….

Saul Bellow dinos nas primeiras páxinas que a personaxe (Charles Citrine) herdou algunha cosa de Von Humboldt Fleisher, o seu mestre e mentor, falecido despois da caida da súa popularidade e inimizade co protagonista. 400 páxinas máis tarde coñecemos por fin cal é este legado. Entre un punto e outro, a historia do vagar perdido de Citrine, a súa relación de parasitado por todos os que queren rabuñar cartos da fortuna de este, que vai a menos ao ritmo que avanza a narración. Fíxoseme moi longa esta parte. Ten moitas reflexións e referencias a moitas personaxes. Isto non é problema, ao contrario, gústanme as lecturas deste tipo. Pero non podo evitar certa falta de empatía por personaxes que sento lonxe porque “son de alí”. Non pasa con todos os citados neste título. Rudolf Steiner e Shakespeare afirmaría son os nomeados en máis ocasións. Polo intre, teño que dicir que a resposta a pregunta é afirmativa.

A lectura non resulta demasiado pesada, e provoca algunhas gargalladas. Gózase da retranca que gasta o autor. Tamén das situación do mafioso inexperto que parece estar de prácticas que é Cantabile. De feito, atopei a faltar a este durante parte da narración e por un intre pensei que non aparecería de novo.

Pero a historia cambia, e o fai para ben. Ou deste xeito o vexo eu. A historia ten unha crítica interesante a mestura da arte e o diñeiro, á actitude capitalista de (saber) inverter e gañar. Aquí Citrine se descobre como un verdadeiro inadaptado, pois non “cre” no dólar e a súa preocupación é cara a súa condición, a súa relación coas mulleres, co seu irmán, e coa mesma lembranza de Humboldt. Gústame o divagar sobre a utilidade do poeta para a sociedade, para esa sociedade que ten como meta amasar éxito, éxito económico.

E cambio a resposta á pregunta para dicir que o libro si me gustou, que me deixou moi bo sabor de boca. Que tamén e certo que cústame moito falar mol dun libro, verdade. Pero aínda cheguei a me dicir que “un e non máis” antes de rematar a lectura, agora non descarto para nada tropezar con “outro” Bellow.

A lei de Lem - Daniel Gonzalez Martin

Detalles do exemplar lido

Bellow, Saul (2009) El Legado de Humboldt Trad: Vicente Campos. Barcelona: Galaxia Gutenberg. 13 x 21 cm. 629 p. (Narrativa/ Galaxia Gutenberg: 62). ISBN-978-84-8109-789-4.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Bellow-Saul, Legado de Humboldt coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s