Escoitar literatura

Debo ter algunha disfunción cerebral porque leo a miúdo calquera cousa e non podo evitar dispersarme cara a outros pensamentos. Ás veces, nin sequera acabo de ler un fragmento, por pequeno que sexa, que xa me pasa. (Prometo non volver facer esta aclaración continxente nunca máis).

Recordo agora a lectura da columna de Quim Monzó “Seré breve” no suplemento Magazine dun domingo de hai tempo (31 de agosto de 2008). O autor falaba do funeral festivo feito en honor á casete como apoio de gravación.  Sorprendeume, por inesperado e por descoñecemento, que esta durase tanto. Eu cría que xa estaba sepultada hai tempo (por isto digo inesperado).

Resulta que foi o uso da casete para gravar narrativa a cousa que lle prolongou a vida (por este motivo falo de descoñecemento). Esta prórroga baseábase na vantaxe de poder parar a cinta e proseguir a audición xusto no punto onde se deixou.

Excepcionalmente escoitei algo en casete, pero sí a miúdo en CD. E fágoo hai moi pouquiño. Recoñezo que a miña opinión respecto a este soporte como alternativa á lectura non foi nunca moi favorable. E quero desculparme sinceramente. Eu tiña un parecer, por defecto profesional, moi segado. Pensaba que os audiolibros eran para persoas con problemas de visión. Despois recoñecinos moi útiles para aprender idiomas. Posteriormente, botei prexuízos e empecei a gozar do pracer de escoitar literatura. Axudáronme moito unha serie de audiolibros que chegaron á biblioteca. Disfrutei da audición de “O Capote” (de Nikolai Gogol) e de moitas historias de Edgar Allan Poe e Robert Louis Stevenson. Tamén gustoume moito sentir “Historias no ar”, unha selección de relatos curtos de varios autores galegos. O galego é unha lingua moi linda de escoitar, pero é máis doado escoitar falar a políticos e outras personaxes máis populares, que non ós bos lectores e ás boas lectoras.

Quim Monzó explica que sempre se negou a poñer a súa voz ás súas obras. Estou de acordo en que os xornalistas o fan moi ben. Pero poder escoitar ao autor do texto é a miúdo un luxo, e un pracer outras veces. A miña opinión sobre os audiolibros acabou de facer o seu xiro copernicano logo de sentir Mario Benedetti recitar os seus poemas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Excrecions sobre lecturas, Monzó-Quim coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s