A cor das plantas de outros mundos

www.mondolithic.com

Kenn Brown e Chris Wren son os autores desta imaxe, cuberta da revista Investigación y ciencia do mes de xuño de 2008. a súa páxina web podedes atopar outras imaxes espectaculares destes ilustradores.

No devandito número da edición en castelán da publicación “Scientific American” pódese ler un artigo, literalmente, fantástico. Trátase de “A cor das plantas extraterrestres” e está asinado por Nancy E. Kiang. Quero “chamarvos á súa lectura”, por máis humanista ou non-cientista que sexa a vosa formación, e co convencemento de ter un poder de persuasión nulo.

Eu lino co gusto de atopar elementos da ciencia-ficción para min máis chula, máis interesante, que é a ciencia-ficción chamada “especulativa”. Neste sentido, a autora explícanos como coñecer con detalle o proceso da fotosínteses na Terra axudaríanos a recoñecer bioseñais noutros planetas. Igualmente, o coñecemento de procesos fotosintéticos noutros planetas axudaría a entender mellor os procesos que se dan na Terra. En función de que idade tivese a estrela, e polo tanto que enerxía os fotóns desta, as plantas poderían ter cores vermellas, moradas ou negras.

Non pensedes que tropezar cun artigo deste tipo nesta revista é excepcional. Resúltame fácil enumerar uns poucos: “O mundo sen humanos“, de Alan Weisman (que é tamén un libro) describe a Terra unha vez dada a desaparición destes animais; todo o número de xaneiro do 2000, dedicado a “a ciencia así que pasen 50 anos“; ou o artigo escrito por Paul Davies do novembro de 2002 “a máquina do tempo” onde se explica, nin máis nin menos, como construír unha máquina do tempo.

BROWN, Kenn; WREN, Chris. Mondolithic Studios [consulta: 2 xullo 2009]

KIANG, Nancy Y. El Color de las plantas extraterrestres En: Investigación y ciencia. — Barcelona : Prensa Científica, 1976-> — N. 381 (jun. 2008), p. 14-22

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Brown-Kenn, Color de las plantas extraterrestres, Kiang-Nancy, Wren-Chris coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s