‘Sangue sobre a neve’, Manuel Forcadela

A elección deste libro estivo condicionada por diferentes aspectos. Teño que recoñecer que ao final a elección foi un pouco práctica. Despois dunha non moi boa experiencia con algunha outra obra decidín, máis que outras veces, pensar nun dos obxectivos da lectura: o traballo para a clase de galego. Prometo corrixir esta actitude tan pragmática con máis lecturas. De feito, collín de novo as Historias no ar que estaba lindo antes de Sangue sobre a neve. Este deixoume un moi bo gusto. Foi unha lectura doada, moito máis do que puidera imaxinar no intre de comezalo. Agora só lembro a palabra peirao como nova, a única que tiven que ollar no dicionario. A miña moza recomendoume a súa lectura e me explicou que estaba ambientado en Vigo.

Díxome tamén que eu recoñecería moitos dos lugares nos que sucedía o relato. E deste xeito foi. Toda a historia trancorre entre rúas, praias e vilas que visitei nas miñas diferentes viaxes a Galiza, que non son máis de media ducia. Lin o libro de camiño a Vigo, entre os meses de xaneiro e febreiro, e remateino xa de volta a Barcelona. Paseando pola cidade vin o bar Teide, lugar onde o protagonista (Antonio) e outras personaxes (o seu amigo Elvis, o policía Valiñas) atopanse con frecuencia. Só puiden ver o cartel, pois agora o bar está pechado e o local abandonado. Creo que pasei por case tódalas rúas que aparecen en “Sangue…”. Algunhas delas son moi céntricas, como Urzaiz, que é onde está Sargadelos e que ten dende hai pouco tempo beirarrúa ampliada e parquin subterráneo novo. Policarpo Sanz, Pintor Colmeiro….hai algunhas rúas das que se fala que non sei onde situar, pero teño a sensación que tamén as coñezo. Baiona é unha vila que visitei a primeira vez que estiven en Galiza, e por Bouzas pasei co bus para bañarme por primeira vez nesa auga tan, tan fría que teñen os galegos na praia da Fonte.A historia de “Sangue…” é sinxela pero un pouco estraña. Vou explicarme. Antonio, o protagonista, traballa de cando en vez como cobrador do frac pero sen frac e sen coñas. Isto quere dicir que se ten que repartir, reparte. É contratado por un coñecido para cobrar unha débeda pola venda dun barco. O debedor morre asasinado e Antonio, ex boxeador e ex garda de seguridade, ten que facer unha visita á herdeira do finado. Até aquí todo normal. O que me parece estraño é que o bo da película leva armas fora de servizo, cousa que non poden facer creo nin os policías, e traballa extorsionando a xente, porque visitar á viúva para convencela de que pague a débeda é extorsión, sexa coma sexa de honesta ou de boa cidadán a señora. Neste sentido a trama de “Sangue…” chirría un pouco. Estou de acordo en que o protagonista non ten que ser un cidadán exemplar nin unha especie de santo ben-factor, pero esta actitude paréceme pouco apropiada para aqueles que supostamente están no costado contrario dos “malos”. Non quero dicir tampouco que a cousa teña que ser só entre policías e ladróns, unha dicotomía entre unha forma pura de ben e unha forma pura de mal. Salvado este pequeno obstáculo, a trama está perfectamente ben. Polo que fai ao discurso, ao “tono” da narración, “Sangue…” se achega ás veces ao tono da linguaxe de novela negra máis típica e tópica. Antonio, cando vai entrevistar á rica herdeira viúva, explica (é o narrador) máis ou menos cousas do estilo “tiven que ir a modo para non caer seducido”, o “a mirada daqueles tipos parecíame sospeitosa…” e sentencias semellantes. Pero aínda que “Sangue…” corre o perigo de caer neste estilo que comento, isto só se nota un pouco ao principio, pois despois a trama engancha e fai esquencer este aspecto da narración.

“Sangue…” respira unha especie de modestia. Por máis armas, asasinato, mafiosos o persecucións que hai non chega en ningún momento a crearse un escenario esaxerado nin recargado. Todo o que ocorre está moi ben ligado. Nun momento os protagonistas deciden separarse e buscar cada un pola súa conta. Mentres que Antonio está ligando coa viúva e dubidando se continuar coa súa moza que traballa nun local de alterne, Elvis vai ao apartamento que tiña o finado para ver que atopa. Entón atopa dentro da cisterna do lavabo, grazas aos seus coñecementos de fontaneiro e cos malos pisándolle os talóns, unha cinta de vídeo envolta nun plástico que relaciona o barco vendido co tráfico de drogas. No seu romance con Patricia Taberneiro (a viúva) Antonio e ela son perseguidos polos mafiosos, que non queren que Antonio investigue sobre o asasinato. Desta maneira Antonio descubre, cando entra nun hotel de Portugal con Patricia, que o propietario actual do barco está cos traficantes.

A modestia que a min me transmite “Sangue…” podería ser pola proximidade dos lugares e as personaxes. A linguaxe é cotidiá, sen darlle moitas voltas as cousas e facendo a trama áxil Quizais teña que ver nisto que o autor sexa periodista. Supoño que se a historia sucedera nunha cidade norteamericana e as personaxes foran outras, probablemente falaría peor. Pero ao final a historia é entretida e engancha. Unha das cousas que mellor levadas están é a implicación ou non de Patricia Taberneiro cos mafiosos e coa morte do seu home, incerta até o final. Tamén está ben feita, penso, a intercalación do explicado por cada un dos protagonistas cando se separan para investigar cada un por un costado. Outra cousa boa do libro é o retrato social que fai da cidade, pois elementos como o empresario conserveiro seducido polos negocios doados pero ilegais, as relacións entre persoas con moito poder económico e a droga, a situación de persoas sen traballo estable que tamén participan do tráfico ou a prostitución, son aspectos que forman parte dunha época da historia de Vigo. É case un retrato demasiado serio se pensamos que se trata dunha novela xuvenil.

Agora que xa só os nenos len Xulio Verne resulta imposible recomendar este libro a un maior. Por unha banda, síntome un pouco incómodo por escoller un libro doado como xa expliquei ao principio do texto. Moito máis despois de escoitar que os meus compañeiros de clase están lendo autores máis difíciles. Pero estou contento da elección como unha primeira lectura en galego. A súa lectura, doada e curta, anímame a coller outra historia de máis “nivel” con máis ganas e con máis confianza.

A lei de lem - Daniel Gonzalez Martin

Detalles do exemplar lido

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Autores e autoras, Autores/as galegos/as, Forcadela-Manuel, Sangue sobre a neve, Títulos coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s